18.12.07

Dous galegos gañan campionato mundial World of Warcraft


Francisco Xavier Peña Ojea e Néstor García Trabazo fixéronse co primeiro premio do campionato mundial de World of Warcraft, o mes pasado, en Los Angeles. A grande actuación dos galegos e as dificultades que pasaron fíxoos merecedores dos 30000 dólares de premio.


Nunca pensaron que gañarían o torneo e xa estaban pensando en que se querían gastar o diñeiro.

3.12.07

DBZ: Budokai Tenkaichi 3

Segundo o que lin e o que probei, o Tenkaichi 3 mellorou con respecto ao anterior título de DBZ. Ten mellores gráficos, máis personaxes, máis combos e ataques. O Tenkaichi 2 era un dos mellores xogos de loita da PS2, pero este supérao e seguramente estea na lista dos máis vendidos do Nadal en España.
Os meus personaxes preferidos son os monos xigantes (ozharu), mutación dalgúns saiyans, que teñen ataques moi poderosos e bastante resistencia.
Na miña opinión, é un dos mellores videoxogos de loita de todas as videoconsolas polo longo que é o xogo e a diversión e enganche que provoca (valoración: 9 sobre 10).
Xa sabedes que podedes enviar os vosos comentarios. ¿Cómo o valorades?

11.10.07

ola mundo!!!!!

Este é un caderno especializado en videoxogos feito por min, David. Estou facendo un traballo de Técnicas de expresión escrita creando este gran blog. Intentarei poñer para vós os comentarios de todas as noticias e novidades que encontre.