28.1.08

Burnout Paradise

Chega unha nova versión da saga dos Burnout (EA Burnout Paradise) para as novas videoconsolas (PS3 e Xbox360) que apaixonará ós moitos aficionados dos xogos de carreiras de coches.


Custará uns 67€ que para moitos non serán malgastados xa que os expertos e afeccionados danlle unha moi boa valoración. Mellorou bastante o apartado gráfico e o deseño dos mapas da cidade na que corremos son bastante completos, pero tamén pódese dicir que é un pouco fácil na maior parte do xogo cun principio confuso e ainda que os vehículos son bastante realistas aparecen sen pilotos durante as carreiras.



A pesar dos seus pequenos fallos, a min paréceme que é un bo videoxogo de carreiras pola súa calidade gráfica, realismo nos seus choques, con divertidas e realistas carreiras e cun gran multixogador e modo online. (NOTA: 8.8).

22.1.08

Assssin´s Creed

No mes de Novembro chegou para Xbox360 e PS3 un dos mellores videoxogos que hai actualmente e que seguramente sexa o mellor xogo de aventura. Para estas videoconsolas ten un precio duns 65€ e para PC de 57€ que aínda non saíu porque se atrasou o seu lanzamento.


Está baseado na terceira cruzada á Terra Santa na que o protagonista que utilizas (chamado Altair) é un asasino que mata os que están en contra da Igrexa e os seus obxectivos.

O videoxogo ten unha calidade gráfica incrible que mostra un gran realismo nos personaxes, nos escenarios e nos entornos, propios das mellores películas de cine. Tamén hai que destacar unha moi boa ambientación histórica polas cidades e contorno daquela época, os controis sobre o personaxe (ataques, movementos...) son espectaculares e é un xogo bastante longo, pero tamén é un pouco repetitivo.

Segundo a miña opinión é o mellor videoxogo que vin (xunto ós GTA) e salvo polo repititivo do xogo ten todo para ser o mellor xogo do momento. Eu doulle un 9.8 e espero as vosas opinións.

17.1.08

Call of Duty 4: Modern Warfare

Xa está aquí o novo xogo dunha das mellores sagas de videoxogos de acción: Call of Duty 4. Sacárono para ordenador (56.90 €), PS3 (66.90 €), XBOX 360 (66.90 €) e Nintendo DS (36.95 €).
Este novo xogo saíu hai 2 meses e xa está entre os xogos máis vendidos.


Ao contrario das anteriores entregas de Call of Duty, esta non está ambientada na 2ª Guerra Mundial, senón que presenta unha guerra máis actual na que se melloraron os gráficos, os escenarios onde se recrean as accións e a ambientación do novo argumento que se creou.Tamén volve a ser programado por Infinity Ward, que programou todas as entregas excepto a anterior.


Na miña opinión, ten uns gráficos inmellorables, durabilidade dunhas 10 horas, cun realismo incrible e unha ambientación espectacular na que se poden usar armas de todo tipo, pero tamén ten algúns fallos como por exemplo que non dura demasiado e a puntería dalgunhas armas non é moi realista. Eu daríalle unha puntuación de 9.3 porque me parece un xogo bastante avanzado e con moito realismo, tanto que algunhas persoas pensan que estes videoxogos tan violentos e realistas propagan a violencia entre a xente nova. Eu creo que depende da persoa, pero hai que diferenciar o real do virtual.

Agardo os vosos comentarios e opinións acerca deste grande videoxogo.