8.5.08
Grand Theft Auto IV
Básase na historia dun inmigrante de Europa do Leste que se chama Niko e que chega ós EE.UU coa intención de realizar o soño americano, pero as cousas tórcenselle e ten que facer misións fóra da lei.
Ten uns gráficos impresionantes que se coordinan coa grandísima cidade de Liberty City (Nova Iork), pola que podes ir con gran liberdade. Hai moitas misións e é un xogo case ilimitado polas accións que podes realizar e o longo que é. Ten un gran modo online, unha gran banda sonora (no videoxogo ten varias emisoras de radio), unha gran variedade de armas, un diálogo espectácular para ser un videoxogo e un realismo nas persoas e no conxunto da cidade que parece dunha película.
Este videoxogo sairá á venda cun prezo de 66,90 € para xbox 360 e PS3. Pola espectacularidade deste novo xogo, os expertos danlle unha nota de 10, pero eu espero que me enviedes as vosas opinións e valoracións.
15.4.08
Novo videoxogo de Spider-man para outono
Este xogo salirá á venda en outono para Play 2, Play 3, PSP, XBOX 360, PC, Nintendo DS e Wii. Conta cunha historia orixinal na que se deixará liberdade ó usuario que poderá escoller entre ser un heroe ou un antiheroe e que repercutirá no desenvolvemento do xogo.
Aínda que non hai moitos detalles, os combates terán repercusións na cidade de Nova York
e aparecerán algúns viláns e heroes do Universo Marvel. Sen duda é o videoxogo máis escuro de Spider-man.
14.4.08
Benjamin J. Heckendorn creou un ordenador portátil a partir dunha PS3
O autor disto xa fixera portátil unha XBOX 360, unha Wii e outras modificacións.
25.2.08
Os videoxogos facturan case 1500 millóns de euros en España en 2007
O 88,4% do consumo de videoxogos é para consolas, mentres que os de PC van diminuindo as ventas. Os xogos máis vendidos das consolas son os de aventura, e de estratexia para PC.
A videoconsola que posúe o mellor número de ventas dos seus xogos é a Nintendo DS, seguida da PS2, da PS3 e da Wii.
28.1.08
Burnout Paradise
22.1.08
Assssin´s Creed
Está baseado na terceira cruzada á Terra Santa na que o protagonista que utilizas (chamado Altair) é un asasino que mata os que están en contra da Igrexa e os seus obxectivos.
O videoxogo ten unha calidade gráfica incrible que mostra un gran realismo nos personaxes, nos escenarios e nos entornos, propios das mellores películas de cine. Tamén hai que destacar unha moi boa ambientación histórica polas cidades e contorno daquela época, os controis sobre o personaxe (ataques, movementos...) son espectaculares e é un xogo bastante longo, pero tamén é un pouco repetitivo.
Segundo a miña opinión é o mellor videoxogo que vin (xunto ós GTA) e salvo polo repititivo do xogo ten todo para ser o mellor xogo do momento. Eu doulle un 9.8 e espero as vosas opinións.
17.1.08
Call of Duty 4: Modern Warfare
Este novo xogo saíu hai 2 meses e xa está entre os xogos máis vendidos.
Ao contrario das anteriores entregas de Call of Duty, esta non está ambientada na 2ª Guerra Mundial, senón que presenta unha guerra máis actual na que se melloraron os gráficos, os escenarios onde se recrean as accións e a ambientación do novo argumento que se creou.Tamén volve a ser programado por Infinity Ward, que programou todas as entregas excepto a anterior.
Na miña opinión, ten uns gráficos inmellorables, durabilidade dunhas 10 horas, cun realismo incrible e unha ambientación espectacular na que se poden usar armas de todo tipo, pero tamén ten algúns fallos como por exemplo que non dura demasiado e a puntería dalgunhas armas non é moi realista. Eu daríalle unha puntuación de 9.3 porque me parece un xogo bastante avanzado e con moito realismo, tanto que algunhas persoas pensan que estes videoxogos tan violentos e realistas propagan a violencia entre a xente nova. Eu creo que depende da persoa, pero hai que diferenciar o real do virtual.
Agardo os vosos comentarios e opinións acerca deste grande videoxogo.