15.4.08

Novo videoxogo de Spider-man para outono

Ultimamente os videoxogos de Spider-man decepcionaban ós seguidores deste heroe, xa que se baseaban nunha trama lineal das películas que representaban sen que houbera liberdade para o xogador. Con todo, Activision quere lanzar á venda o Spider-man: Web of Shadows, no que se pretende deixar máis liberdade de decisións e accións.

Este xogo salirá á venda en outono para Play 2, Play 3, PSP, XBOX 360, PC, Nintendo DS e Wii. Conta cunha historia orixinal na que se deixará liberdade ó usuario que poderá escoller entre ser un heroe ou un antiheroe e que repercutirá no desenvolvemento do xogo.

Aínda que non hai moitos detalles, os combates terán repercusións na cidade de Nova York
e aparecerán algúns viláns e heroes do Universo Marvel. Sen duda é o videoxogo máis escuro de Spider-man.

No hay comentarios: