17.1.08

Call of Duty 4: Modern Warfare

Xa está aquí o novo xogo dunha das mellores sagas de videoxogos de acción: Call of Duty 4. Sacárono para ordenador (56.90 €), PS3 (66.90 €), XBOX 360 (66.90 €) e Nintendo DS (36.95 €).
Este novo xogo saíu hai 2 meses e xa está entre os xogos máis vendidos.


Ao contrario das anteriores entregas de Call of Duty, esta non está ambientada na 2ª Guerra Mundial, senón que presenta unha guerra máis actual na que se melloraron os gráficos, os escenarios onde se recrean as accións e a ambientación do novo argumento que se creou.Tamén volve a ser programado por Infinity Ward, que programou todas as entregas excepto a anterior.


Na miña opinión, ten uns gráficos inmellorables, durabilidade dunhas 10 horas, cun realismo incrible e unha ambientación espectacular na que se poden usar armas de todo tipo, pero tamén ten algúns fallos como por exemplo que non dura demasiado e a puntería dalgunhas armas non é moi realista. Eu daríalle unha puntuación de 9.3 porque me parece un xogo bastante avanzado e con moito realismo, tanto que algunhas persoas pensan que estes videoxogos tan violentos e realistas propagan a violencia entre a xente nova. Eu creo que depende da persoa, pero hai que diferenciar o real do virtual.

Agardo os vosos comentarios e opinións acerca deste grande videoxogo.

No hay comentarios: