Mostrando entradas con la etiqueta acción. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta acción. Mostrar todas las entradas

8.5.08

Grand Theft Auto IV

Seguramente sexa o mellor videoxogo da historia polos récords que está facendo só na súa saída: máis de 500 millóns de dólares recaudados (superando ó Halo 3) e supuxo un coste duns 100 millóns de dólares.

Básase na historia dun inmigrante de Europa do Leste que se chama Niko e que chega ós EE.UU coa intención de realizar o soño americano, pero as cousas tórcenselle e ten que facer misións fóra da lei.


Ten uns gráficos impresionantes que se coordinan coa grandísima cidade de Liberty City (Nova Iork), pola que podes ir con gran liberdade. Hai moitas misións e é un xogo case ilimitado polas accións que podes realizar e o longo que é. Ten un gran modo online, unha gran banda sonora (no videoxogo ten varias emisoras de radio), unha gran variedade de armas, un diálogo espectácular para ser un videoxogo e un realismo nas persoas e no conxunto da cidade que parece dunha película.


Este videoxogo sairá á venda cun prezo de 66,90 € para xbox 360 e PS3. Pola espectacularidade deste novo xogo, os expertos danlle unha nota de 10, pero eu espero que me enviedes as vosas opinións e valoracións.

17.1.08

Call of Duty 4: Modern Warfare

Xa está aquí o novo xogo dunha das mellores sagas de videoxogos de acción: Call of Duty 4. Sacárono para ordenador (56.90 €), PS3 (66.90 €), XBOX 360 (66.90 €) e Nintendo DS (36.95 €).
Este novo xogo saíu hai 2 meses e xa está entre os xogos máis vendidos.


Ao contrario das anteriores entregas de Call of Duty, esta non está ambientada na 2ª Guerra Mundial, senón que presenta unha guerra máis actual na que se melloraron os gráficos, os escenarios onde se recrean as accións e a ambientación do novo argumento que se creou.Tamén volve a ser programado por Infinity Ward, que programou todas as entregas excepto a anterior.


Na miña opinión, ten uns gráficos inmellorables, durabilidade dunhas 10 horas, cun realismo incrible e unha ambientación espectacular na que se poden usar armas de todo tipo, pero tamén ten algúns fallos como por exemplo que non dura demasiado e a puntería dalgunhas armas non é moi realista. Eu daríalle unha puntuación de 9.3 porque me parece un xogo bastante avanzado e con moito realismo, tanto que algunhas persoas pensan que estes videoxogos tan violentos e realistas propagan a violencia entre a xente nova. Eu creo que depende da persoa, pero hai que diferenciar o real do virtual.

Agardo os vosos comentarios e opinións acerca deste grande videoxogo.